Proxección do documental

Arigal proxectou en Santa Comba o documental ❛Que sabes dos áridos?❜

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) presentou onte o seu documental Que sabes dos áridos? en colaboración co concello de Santa Comba.

 

O obxectivo do documental é mostrar a realidade do sector dos áridos, que proporciona á sociedade o segundo recurso máis consumido a nivel mundial só por detrás da auga, e que supón a fixación de emprego (2.800 postos de traballo en 2018) e o desenvolvemento en zonas rurais de Galicia cunha produción anual de 48 millóns de euros. Trátase ademais dunha industria en pleno proceso de expansión que nos últimos anos conseguiu posicionar estes produtos galegos en mercados internacionais. Tras un ano de investigación para valorar o coñecemento que ten a sociedade galega sobre os áridos, Arigal realizou entrevistas a persoas alleas do sector e a axentes sociais coñecedores da actividade para gravar este documental en 2018, e así afondar nesta industria e no seu papel no desenvolvemento.

A proxección acompañouse dun coloquio posterior no que participaron o alcalde de Santa Comba, o concelleiro de Vimianzo, Víctor Ramos, así como traballadores das canteiras e veciños. Un debate onde se tratou a integración das canteiras na contorna do concello.

 

Barbeira sinalou que “o impacto das dúas canteiras e das dúas plantas formigón crean un gran impacto económico no concello” e engadiu que é “unha actividade moi beneficiosa para a economía local sempre que rexenere o espazo e poida aportar na poboación e a xente que vive na contorna”.

 

Pola súa parte, Ramos declarou que “minaría engade valor na súa actividade, pero tamén nas lagoas que deixa despois. No noso Concello subministramos o 50% de auga procedente dunha balsa mineira e hai outras que están dispoñibles para o seu uso futuro. Mentres que noutro burato mineiro estableceuse unha empresa de reciclaxe”.